lunes, 26 de febrero de 2024

ACTIVIDADES DO MES DE FEBREIRO

Este mes de febreiro estivo cheo de actividades no noso centro polo que decidimos realizar un Padlet para non esquecernos de nada. Aquí vos deixamos un petisco do Entroido, do Día da Muller e a Nena na Ciencia, do Día de Rosalía e das primeira charlas que Rebeca Solla, actriz galega, veu dar ao noso centro.

jueves, 1 de febrero de 2024

DÍA DA PAZ

Día da Paz e da Non Violencia Todos grupos da escola escolleron unha película e reflexionaron sobre a mensaxe que transmitía e como esta contribuía á paz. Logo, os resultados de todas as aulas se plasmaron nun mural de cine colectivo. Por outra banda, tamén se organizaron contacontos grazas á colaboración do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que fixeron sesións de contacontos na Biblioteca e no patio. Os títulos escollidos para esta data tan sinalada foron Wangari e as árbores da paz, Paz en el jardín e Con mis palabras. Aquí compartimos algunhas imaxes !

jueves, 21 de diciembre de 2023

FELICITACIÓN DE NADAL

Nestas datas tan sinaladas a nosa biblio recibiu este fermoso agasallo: os bonecos de Pancho e Flora, as nosas mascotas, feitos por unha mamá do cole. Polo que este ano son as protagonistas da nosa postal de Nadal xunto co PDI: o cine. Boas festas e próspero 2024.

lunes, 18 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS LECT0RAS E XOGOS DE NADAL

Chegou o Nadal, esa época do ano que tanto lles gusta aos nosos nenos e nenas e por iso Pancho e Flora queren achegar a lectura ás vosas casas neste tempo de vacacións. No seguinte tríptico atoparedes suxerencias lectoras para Prelectores (3-6), primeiros lectores (6-8), lectores autónomos (8-10) , lectores avanzados (+11) e adultos. Este ano decidimos presentarvos tamén diferentes xogos para compartir tempo en familia, pasalo ben e seguir aprendendo! b
Boas festas e boas lecturas. Vémonos á volta!

CINE NO RECREO

Boas de novo! Nestas datas festivas de Nadal e seguindo a temática do noso PDI fixemos xornadas de cine durante os recreos. O alumnado desfrutou da curtametraxe "The snowman" inspirada no libro ilustrado de Raymond Briggs.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que vexades o que gustou a proposta!

miércoles, 29 de noviembre de 2023

25 de Novembro: Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Boas de novo! Aquí compartimos as actividades que se levaron a cabo para conmemorar o 25N ao longo da semana. En primeiro lugar, desfrutamos do espectáculo Marta e a Píntega , un contacontos musical para o alumnado de Infantil ata 4º de Educación Primaria.
Os biblioaxudantes de 6º de Primaria fixeron unha selección de contos para traballar esta temática e promover o pensamento crítico.
Dende as titorías fixéronse diversas actividades que se plasmaron nestos murais:
Finalmente, todo o alumnado e profesorado fixo un lazo negro no patio e minuto de silencio.

lunes, 13 de noviembre de 2023

BUZÓN DE SUXERENCIAS

Boas de novo! Pancho e Flora queren ter en conta as recomendacións dos lectores e lectoras do cole e é por iso que inauguramos o noso buzón de suxerencias! A maiores das novas incorporacións á biblioteca queremos darlle unha segunda vida a aqueles libros que xa non ledes, pero que se atopan en bo estado e sexan actuais. A partires do martes 14 de novembro e ata o martes 21 podedes aportar un máximo de dous libros por alumno/a. Graciñas pola colaboración